Benvidos a todos e todas!
Xa temos blog de Xadrez para este curso. Polo de agora hai poucas cousiñas, pero irei engadindo recursos, actividades, xogos e outros materiais interesantes.
Na columna da dereita tedes un apartado titulado "MÁIS RECURSOS", no que atoparedes:
- MINIXOGOS: aquí iremos poñendo os minixogos que imos practicando na aula. A maioría serven para afianzar os movementos das pezas e a captura, pero non sempre é así. Tedes as instrucións para poder retar a quen queirades na casa.
- RECURSOS ONLINE: nesta páxina hai vídeos, xogos online, aplicacións, etc. O mundo do xadrez en internet é moi amplo, pero recursos axeitados para os nenos e nenas non hai tantos.
Tamén tedes nesta columna as entradas anteriores do blog e un buscador no que poderedes atopar o que necesitedes.
Adiante e benvid@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario