19 diciembre 2024

Máis recursos online

Ademáis de Lichess, outra das webs que nos permite xogar contra o ordenador e entrenar diferentes tipos de xogadas e estratexias é CHESS.COM.

Nesta caso tamén están limitadas as opcións sen rexistrarse.


E para seguir practicando os MATES nun só movemento, déixovos aquí a ligazón para poder facelos vós dende a casa: 👇👇👇

MATE NUN MOVEMENTO

 

11 diciembre 2024

Repaso movemento pezas

Déixovos aquí uns carteis cun repaso do movemento das pezas, a captura e outras características importantes. Podedes pulsar enriba de cada un para velos en grande:





 

04 diciembre 2024

Benvida ao blog de xadrez

Benvidos a todos e todas!

Xa temos blog de Xadrez para este curso. Polo de agora hai poucas cousiñas, pero irei engadindo recursos, actividades, xogos e outros materiais interesantes.

Na columna da dereita tedes un apartado titulado "MÁIS RECURSOS", no que atoparedes:

  • MINIXOGOS: aquí iremos poñendo os minixogos que imos practicando na aula. A maioría serven para afianzar os movementos das pezas e a captura, pero non sempre é así. Tedes as instrucións para poder retar a quen queirades na casa.
  • RECURSOS ONLINE: nesta páxina hai vídeos, xogos online, aplicacións, etc. O mundo do xadrez en internet é moi amplo, pero recursos axeitados para os nenos e nenas non hai tantos.


Tamén tedes nesta columna as entradas anteriores do blog e un buscador no que poderedes atopar o que necesitedes.

Adiante e benvid@s!!!